Trinta chefs con estrela Michelin alumean solidariamente o Camiño en Negreira


A Xunta participará no evento solidario Estrelas no Camiño de Santiago que terá lugar dende o 4 ao 6 de xuño na localidade coruñesa de Negreira. Esta cita contará coa presenza dunha trintena de chefs Estrela Michelín de España e Portugal. A Axencia Galega da Calidade Alimentaria aportará os diferentes produtos para que os convidados gocen de distintas propostas.

José Luis Cabarcos, director desta Axencia, recibirá o luns día 5 aos chefs na súa chegada ao evento, ofrecerá unha presentación sobre o traballo do seu departamento e acompañaraos no seu percorrido polos diferentes postos. Os cociñeiros acumulan un total de 72 Estrelas Michelín que fan deste encontro un acontecemento de relevancia a nivel internacional.

O chef galego José Manuel Mallón elaborará diferentes pratos para que os 400 convidados ao evento poidan degustar nunha furgoneta gastronómica instalada na Finca Casa Barqueiro, na parroquia de Gonte, que un ano máis acolle este evento.A Xunta aportará diferentes produtos de calidade diferenciada para que os participantes gocen dunha experiencia gastronómica.

Así, algúns dos produtos que poderán degustar os convidados son os queixos condenominación de orixe protexida, os Grelos de Galicia con indicación xeográfica protexida, o Pan de Cea con IXP ou os produtos de indicación xeográfica protexida TerneraGallega. Ademais a Axencia sorteará entre os asistentes varios lotes de produtos da web “Experiencias de Calidade”.