Sabucedo prepárase para unha nova edición da Rapa das bestas

 

Sabucedo prepárase para unha nova edición da rapa das bestas, cunha programación que empeza hoxe e que ten a fin de semana, coas marcaxes dos aloitadores, o seu gran momento. A aldea estradense recibirá o sábado e o domingo a milleiros de persoas interesadas en gozar dun espectáculo que congrega aos cabalos no curro, onde son rapados e marcados polos participantes. 

O programa de actividades, que se prolongará ata o luns, comeza hoxe mesmo coa gala na honra dos aloitadores. Nos vindeiros días haberá misas, pasarrúas e outras citas lúdicas para goce dos asistentes.