A resta menos dunha semana para que comece unha nova edición do Arde Lvcvs, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu a coñecer os detalles máis significativos do programa das festas, organizadas pola Concellería de Xuventude en colaboración co tecido asociativo da cidade.
Para a presentación, a rexedora estivo acompañada do edil responsable de área, Mauricio Repetto, así como dos cociñeiros Alejandro Méndez (Os Cachivaches) e Vicepresidente da Asociación Cociñeiros Lugo e Santiago Almuiña, do Mesón Colón; xunto a unha ampla representación do movemento asociativo, principal actor das celebracións de recreación histórica.
A mandataria lucense explicou que, precisamente, “todo este elenco obedece á principal novidade que ofrece a axenda do Arde Lucus de 2023, no que a nosa gastronomía, que xa é un reclamo durante todo o ano, dentro e fóra das nosas fronteiras, será tamén unha das principias protagonistas do programa nesta XXII edición.
Así, Méndez avanzou que o Semisoto da Praza de Abastos, a rúa Quiroga Ballesteros e a Praza de Santo Domingo serán dende o 23 e até o 25 de xuño o esceranario de ARS CVLINARIVM.