Os turistas xa poden ir ás praias de Vigo en transporte urbano municipal

 

Dende mañá, un total de 9 liñas conectarán a cidade olívica con todos os areais ofrecendo un servizo de transporte urbano cómodo para que os turistas e vigueses visiten as praias da cidade. Ademais das seis liñas que conectan habitualmente coas praias (L10, L11, L12A, L15A, L15 e L15C), tamén amplían o seu percorrido outras tres liñas (C3, 4C e 23). Abel Caballero indicou que “nas horas punta reforzarase o servizo para facilitar a mobilidade”.

Tamén existirá un servizo especial para a noite de San Xoán, onde dende as 19:00 horas todas as liñas regulares a Samil dispoñerán dun servizo de reforzo, “cunha frecuencia de paso inferior aos 20 minutos”.