O primeiro curso da FP dual de Cociña e Restauración de Sanxenxo conclúe cun 100% de inserción laboral


Un total de 8 alumnos concluíron esta semana o primeiro curso da FP Dual de Cociña e Restauración. O alcalde, Telmo Martín e a concelleira, Paz Lago acudiron ao Hotel Pedramar onde levaron a cabo as clases prácticas, acompañados do director do Carlos Oroza, Manuel Hermo, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, para saudar á primeira promoción desta formación no municipio.

Neste primeiro curso, centrado na cociña, as clases teóricas impartíronse no IES de Vilalonga e as prácticas neste establecemento hostaleiro. O segundo curso centrarase na restauración e no servizo ao cliente con simulacións.
O Concello confía en renovar o acordo con este hotel o próximo curso que dispón dunhas boas instalacións que inclúen unha cociña totalmente equipada, almacén, aseos, vestiarios e unha ampla sala entre outras dependencias. O Concello encárgase do aluguer do establecemento e do transporte en autobús dos alumnos entre o instituto e o hotel.