O presidente da Deputación participa no peche do Arde Lucus 2023 coas lexións romanas e as tribos castrexas



O Presidente en funcións da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, e o Deputado en funcións de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou o domingo no acto que pecha o Arde Lucus 2023 coas lexións romanas e tribos castrexas.

José Tomé Roca destacou que a institución provincial triplicou este ano o seu apoio ó Concello de Lugo para esta cita, aportando 100.000€ para o seu impulso como Festa de Interese Turístico Internacional, o que supón en torno ó 20% do orzamento total necesario para a organización. Subliñou neste sentido que a entidade local cumpriu na edición de estrea deste recoñecemento co obxectivo e incluso superou todas as expectativas, que xa eran moi positivas, poñendo en valor a importancia da celebración para a economía da cidade e tamén da provincia pola visibilidade e promoción que aporta o evento.