O obradoiro de cociña infantil que se celebrará o sábado na praza de abastos de Baiona colga o cartel de non hai billetes

A Concellería de Comercio do Concello de Baiona informa de que están cubertas todas as prazas ofertadas do obradoiro de cociña infantil para cativos e cativas a partir dos 5 anos que se celebrará este sábado 3 de xuño en horario de 11.30 a 13.00 horas na praza de abastos de Baiona.

Esta iniciativa, desenvólvese ao arredor do 27 de maio, Día do Mercado, e que en Galicia está promovida pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta en colaboración cos concellos, como o día 27 de maio, foi xornada de reflexión, decidíuse realizar a actividade o día 3 de Xuño.