O mellor requeixo das Terras de Pontevedra está na Corredoira


A parroquia da Corredoira, no concello de Cerdedo Cotobade, celebra mañán venres e o sábado, días 16 e 17 de xuño, a cuadraxéxsimo cuarta edición da Festa do Requeixo, unha das festas gastro máis antigas do concello cotobadense.

O venres 16 de xuño, á noitiña, haberá churrasco, polbo á feira e o popular requeixo e viño do país animado polo grupo folclórico Os Afoutes do Canón de Pau. A partir das 23:30 horas terá lugar a tradicional verbena a cargo de Laroá, Los Coleguitas e Eme Music.

O sábado 17 de xuño, ás 13 horas, terá lugar a misa solemne na honra de San Antón e Santa Bárbara seguida de procesión e sesión vermú a cargo da Banda de Gaitas e Percusión Foula.

Segundo a ortganización haberá á venda unhas 250 pezas de requeixón que sairán a un prezo de 12 ou 15 euros, aproximadamente, en función do seu peso e tamaño. A ración terá un prezo de 4 euros.