O Concello de Vigo poñerá a punto a praia de Samil antes da temporada estival coa retirada dun emisario
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu onte conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno, como a retirada do emisario de Samil que saíu á luz tras os movementos de terra na desembocadura do Lagares. O Concello adicará 159.000 euros á súa retirada e prevé rematar a obra antes da temporada estival, para que o areal quede listo para o goce dos veciños da cidade olívica e dos turistas.