O Concello da Coruña celebra mañá o Día Internacional dos Mercados, con espectáculos de showcooking e xogos infantís nos mercados municipais

 

Este sábado, 3 de xuño, Día Internacional dos Mercados, os mercados municipais coruñeses abrirán as súas portas cunha programación especial de actividades lúdicas e gastronómicas.

Neste sentido, a programación levarase a cabo en horario de mañá e de forma simultánea entre as instalacións dos mercados das Conchiñas, Elviña, Monte Alto, Ramón Cabanillas, San Agustín, Eusebio da Guarda e Durmideiras.

Haberá actividades para os máis pequenos, con xogos en familia que terán lugar de 11.00 a 14.00 horas nos mercados municipais das Conchiñas e Elviña. As nenas e nenos, acompañados polos monitores e monitoras, poderán participar en diversos xogos de pistas con códigos QR nas instalacións do mercado. Levaranse, ademais, un agasallo.