Novo cuirso de verán da USC na adega Terra de Asorei


A Directora do Curso de Verán da USC, María Cadaval; a secretaría Elisa Ma Rubí Cano, o Presidente-Conselleiro delegado de Adegas Terra de Asorei, Xosé Ramón Durán – Roque, e o presidente da Asociación Adegas do Salnés, Germán Martínez; presentan unha nova edición do Curso de Verán da USC “O mundo dos viños galegos (3o edic). XI Foro do Albariño - Mostra de Elaboracións Especiais da DO Rías Baixas” que se celebrará os días 6 e 7 de xullo do 2023 nas instalacións de Adegas Terra de Asorei, en San Martiño de Meis.

O curso está dirixido ao alumnado, profesorado universitario e de formación profesional, institutos e profesionais do sector do viño mais tamén ao público en xeral que teña curiosidade por achegarse ao mundo do albariño actual e ás tendencias e novidades que hai dentro do sector dende unha mirada transversal e multidimensional.

Os dous días terminaran a xornada cunha cata de elaboracións especiais de varias adegas do Val do Salnés. Ademais, o venres farase un xantar romaría para ter unha maior convivencia entre os participantes do curso e poñentes e no acto de clausura rematara cunha actuación musical.