Os datos turísticos publicado polo Instituto Nacional de Estatística apuntan ao crecemento dos visitantes á cidade de Vigo. Deste xeito, o municipio rexistrou o mellor maio desde que hai rexistros no INE. “Aumentamos o número de visitantes nun 7,03% con respecto ao ano 2019 e nun 10% se comparamos con 2022”, cifrou o rexedor.
Subiron tanto os turistas nacionais, nun 2%, como os estranxeiros, nun 17%. “Seguiremos xerando esta gran parte da economía que é o turismo, todo promovido desde o Concello”.