Grande afluencia á sardiñada popular de Santa Margarida, que abriu camiño á programación festiva previa ao San Xoán 2023 da Coruña

 

Multitude de persoas asistiron o sábado á celebración da sardiñada popular do parque de Santa Margarida, unha actividade aberta á cidadanía coa que o Goberno de Inés Rey reforzou a programación festiva previa á edición do San Xoán deste ano.

Na sardiñada popular, que comezou ás 19.00 horas de hoxe, repartíronse 500 quilos de sardiña fresca, o equivalente a unhas 3.500 racións, que incluíron sardiñas, pan e bebida. Ademais, e xa desde primeira hora, gaiteiros pertencentes á Asociación Cultural Xacarandaina amenizaron o evento, que se prolongará ata case a medianoite de hoxe, coa actuación final dun DJ.