Supermercados Gadis reforzou a súa aposta pola cultura nas súas diferentes manifestacións: música, audiovisual, cinema, arte, teatro, literatura e festas populares, entre outras. Un apoio que se enmarca no seu plan de Responsabilidade Social Corporativa e que continúa firme neste 2023 desde o convencemento de que fomentar a cultura é promover o desenvolvemento económico e social das comunidades nas que está presente.
A cadea de supermercados mantén a súa vinculación aos festivais musicais e audiovisuais, por iso é polo que volve colaborar con máis de medio centenar de eventos xa consolidados, como O Son do Camiño, e tamén con outros de recente creación. Gadis contribúe, deste xeito, a achegar a música á cidadanía, así como a fortalecer esta industria e a xerar riqueza socioeconómica na súa contorna. De feito, é patrocinador oficial do Xacobeo desde 1999. En liña con estes obxectivos, a empresa regalou entradas aos seus clientes para diversos espectáculos, a través de sorteos nos supermercados, redes sociais e a APP Gadis+.
A empresa tamén colabora con outros eventos destacados como o Portamérica (Caldas); o Planeta Sound Festival (Ponferrada); o FIV de Vilalba; o Festival da Luz (Boimorto); o Atlantic Fest (Vilagarcía); o Revenidas (Vilagarcía); o Festival Sinsal (Redondela); a Carballeira de Zas ou o Festival de Ortigueira, entre outras citas do ámbito musical. E, no plano audiovisual, destacan o seu apoio ao Festival de Cans (O Porriño); o Play Doc (Tui); o FIC Bueu; o Ourense Film Festival; o Festival de Cinema de Medina del Campo ou a Seminci de Valladolid.
Como empresa 100% galega e coa proximidade como sinal de identidade, Gadis está moi comprometida, ademais, coas festas populares, que axudan a manter vivas as tradicións culturais, sociais e gastronómicas de cada territorio. Máis dun centenar de romarías e celebracións destas características contan co apoio da compañía, como o Asalto ao Castelo (Vimianzo), a Festa do Percebe do Roncudo (Corme), a Festa do Albariño (Cambados), a Festa do Polbo do Carballiño e a Festa do Polbo de Mugardos.
Música, cinema, literatura, teatro, festas locais… Gadis pon en valor a cultura nas súas múltiples expresións a través do apoio a diferentes entidades e proxectos, así como da posta en marcha de iniciativas propias, que reflicten o compromiso da compañía coa súa contorna desde o punto de vista económico, social e ambiental.