Fene coida das súas praias


A área municipal de Medio Ambiente do Concello de Fene comezou o reparto de cinceiros reutilizables deseñados para o seu uso en praias e noutros recunchos ao aire libre. Son uns pequenos cornetes de plástico deseñados para asentar perfectamente na area e uns cinceiros de bolsillo co interior en aluminio ignifugo, moi cómodos para levalos canda nós en calquera sitio.

O obxectivo da iniciativa é manter os areais e os espazos públicos libres de cabichas e de excrementos de animais.

Asi mesmo repártense dispensadores de bolsas para a recollida dos excrementos das mascotas. O dispensador portátil en forma de simpático óso ten unha saída ovalada que facilita o acceso ás bolsas, e leva un mosquetón que permite colgalo en calquera sitio como unha mochila, ou colar, ou levalo no bolsillo. Inclúe un rolo de bolsas no seu interior.