O Pleno do Consello Reguladorda da D.O. Valdeorras avaliou diferentes accións e propostas para contribuír a dinamizar a XXIV Feira do Viño, un foro que se desenvolverá o 8 e 9 de xullo na praza barquense de Viloira e no que os asistentes poderán degustar viños de diferentes colleitas nas casetas das bodegas participantes.
“Pero, ademais, porase en marcha unha axenda de actividades paralelas no propio recinto feira para ofrecer alternativas de ocio e lecer, que vincularán principalmente viño e gastronomía, aos nosos visitantes”, destacou o presidente do organismo, osé Ramón Rodríguez Castellanos, quen asegurou que as diferentes accións que se levarán a cabo iranse comunicando paulatinamente e con antelación suficiente a través das redes sociais e da web da D.O.
Entre as actividades que se prevé poñer en marcha destaca a xa tradicional Cata Oficial da Feira do Viño de Valdeorras, catas maridadas e actividades dirixidas aos cativos.
Tamén destacou Rodríguez Castellanos, ao finalizar a reunión plenaria, que ao igual que o ano pasado vaise activar un concurso aberto a todos os interesados para elixir o cartaz que ilustrará a vindeira edición da feira. “O cartel debe poñer en valor dun xeito gráfico o saber facer único do sector vitivinícola da nosa comarca, que leva séculos elaborando tintos e brancos dunha altísima calidad”, destacou o presidente da D.O.