Baiona acolle a presentación da Campaña de Turismo de Galicia 2023 “Galicia Senta Ben"

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, exerceu de anfitrión onte na presentación da campaña de Turismo de Galicia 2023 “Galicia Senta Ben”.

Vázquez Almuiña interveu en primeiro lugar no acto para dar a benvida á vila ás persoas convidadas á presentación; a continuación falou Cesáreo González Pardal, presidente da Agrupación industrial de Turismo de Galicia. Pechou a quenda de intervencións o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela.


Turismo de Galicia elixiu ao Concello de Baiona para presentar esta nova campaña de promoción do destino Galicia deste ano. Baiona sitúase entre os destinos turísticos galegos por excelencia.