O Consello Regulador regresou, un ano máis, ao Salón de Alimentación do Atlántico, que se celebrou en Silleda entre o xoves e o domingo xunto coa Semana Verde de Galicia. No stand da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a IXP Ternera Gallega e a IXP Vaca Galega-Boi Galego contaron cun punto de promoción e información sobre ambos selos para atender aos visitantes da feira e, ademais, o xoves impartiron unha masterclass sobre a calidade e a versatilidade das carnes amparadas, con degustación da su categoría comercial premium: Ternera Gallega Suprema.
Os asistentes, a súa maioría público profesional, puideron coñecer os requisitos dos animais inscritos tanto en Ternera Gallega como en Vaca Galega-Boi Galego, as características das carnes certificadas e o programa de control e trazabilidade que aplica o Consello Regulador en todas as fases da cadea: desde o campo ata os puntos de venda. O director de Promoción, Luis Vázquez, tamén expuxo o manexo tradicional dos animais, a súa alimentación, e destacou que as case 8500 ganderías inscritas contribúen á loita contra os incendios, mantendo limpos os montes, e ao futuro socioeconómico do rural galego.