A Romaxe Viquinga do Vicedo, en Lugo, volve conquistar a praia de Area Grande os días 28 e 29 de xullo
A VI Romaxe Viquinga do Vicedo foi presentada onte na Casa da Cultura. A convocatoria volverá os días 28 e 29 de xullo á praia de Area Grande.
As 12 deuse a coñecer o programa entre nenos e nenas do CEIP O Vicedo, onde tamén se premiou aos gañadores do Concurso de Debuxo Infantil "Romaxe Viquinga" e se proxectou o vídeo da pasada edición.
Ás 13h tivo lugar a presentación oficial, coa asistencia de autoridades e unha actuación musical de Andrea Pousa.
Entregaranse os premios ao desfile de traxes viquingos da pasada edición, que consistieron nuns atuendos a medida.