A Feira Franca avanza: ábrese o prazo para presentar solicitudes de hostalaría, mercado, xantares e ceas para

 

A Feira Franca, Festa de Interese Turístico Galego, será celebrada na cidade de Pontevedra entre o 1 e o 2 de setembro, seguindo a tradición de ocupar o primeiro fin de semana de setembro.

Desta volta, o prazo para presentar solicitudes para hostalaría, mercado e/ou xantares e ceas estará aberto entre o 15 de xuño e o 17 de xullo de 2023, ámbolos dous incluídos. Seguindo este calendario, a oficina da Feira Franca abrirá hoxe as súas portas.

As solicitudes poderán ser presentadas de dúas formas posíbeis: de xeito telemático, a través da web oficial https://feirafranca.pontevedra.gal/, nos formularios que se habilitarán na sección correspondente; ou de xeito presencial na nomeada oficina da Feira Franca, que estará situada no edificio do antigo conservatorio, na rúa Alfonso XIII.