A FEGAMP participa en Mérida no encontro de seguimento do proxecto Rede de Experiencias Turísticas baseadas na Tradición Rural RETTURN

 

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) participou os días 22 e 23 de xuño no encontro das seis federacións de municipios implicadas no proxecto para avanzar na construción da Rede RETTURN e impulsar o turismo baseado na recuperación de tradicións na contorna rural.

Representantes dos equipos técnicos da Federación Andaluza de Municipios e Provincias (FAMP), a Federación Aragonesa de Municipios, Comarcas e Provincias (FAMCP), a Federación Canaria de Municipios (FECAM), a Federación de Municipios e Provincias de Extremadura (FEMPEX), a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Federació Valenciana de Municipis i Províncies (FVMP) reuníronse para pór en común os avances realizados até a data nos seus respectivos proxectos, identificando boas practicas para o traballo con axentes do territorio. Traballarán, ademais, na posta en marcha dun plan de comunicación para a difusión da Rede RETTURN e a creación de experiencias turísticas para recuperar as tradicións en perigo de extinción como reclamo turístico para a contorna rural.