A execución do plan de sustentabilidade turística a Gastromeca da un paso adiante


O Consello da Xunta autorizou hoxe a subscrición do convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello do Grove para a execución do Plan de sustentabilidade turística O Grove A Gastromeca, construción dun novo modelo baseado na emoción e a autenticidade a través da súa cultura gastronómica no marco do Plan territorial de sostibilidade turística enogastronomía de Galicia. Conta cun orzamento de 2M €. Este plan ten como obxectivo consolidar O Grove nun destino turístico cunha oferta diversificada e desestacionalizada, tendo como alicerces fundamentais a transición verde e sustentable e a dixitalización. Ao mesmo tempo, pretende crear novos fluxos turísticos para aumentar a visibilidade da zona rural de San Vicente e converter a gastronomía no fío condutor para impulsar o resto dos recursos do destino. Como accións emblemáticas destacan a adecuación verde e eficiente do museo da salgadura Salgadeiras de Moreiras e do mercado de abastos, co fin de dar acollida a eventos gastronómicos auténticos e diferenciadores.