A Estrada está de festa para exaltar na xonada de hoxe sábado a sidra. Chega así a décima edición desta mostra, declarada Festa de Interese Turístico Galego, na que o Grolo de Ouro deste ano recaiu Jesús Armenteros (58) del Olmo, que está ao fronte da sidrería Lagar de Ribela.
Un total de 21 sidreiros danse cita na Esttrada, entre eles os locais Lagar de Ribela, Peroja, Bioibérica, López Pamoín y Rabiosa. E outros chegados dende San Sebastián, Cantabria, León, Álava, Asturias, Cataluña, Navarra, outros puntos de Galiciaasí como de Francia e Portugal
A lista de sidrerías, ademais das estradenses xa citadas complétase con Bereziartua, Astarbe, Somarroza, Carral, Juartango, Solleiro; Cabueñes, Serps, Alfa, Baldobra, Txopinondo, Pago de Tolina, Maeloc, Val de Traba, Hera Cider e Andaina PSM. Todas ellas poderán ser degustadas ao longo de toda a xornada de hoxe sábado na Praza da Constitución. O ano pasado en poucas horas vendéronse 2.000 vasos de sidra e agotáronse as existencias.