A Deputación de Lugo presenta 9 xovencas da Granxa Gayoso a Poxa de Gando Vacún de Adai que roza o século de vida

 

O Deputado en funcións de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, xunto ao presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades, participou este sábado na XCIX Poxa de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega no recinto feiral de Adai, no concello do Corgo. A Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo presentou 9 xovencas a este certame, e 10 ao concurso exposición que celebra a súa 36º edición. En total, 19 exemplares desta raza autóctona. 

Esta nova edición da poxa e o concurso de Adai acolleu a máis dun cento de animais dunha vintena de explotacións gandeiras achegadas de toda Galicia. A feira corguesa é unha das citas máis importantes do calendario gandeiro da provincia de Lugo.