A Deputación amosa en Silleda as potencialidades da provincia de Pontevedra no salón turístico Turexpo

 

A Deputación de Pontevedra estará presente a partir deste xoves 8 de xuño e ata o domingo 11 no XII Salón Turístico de Galicia (Turexpo) que se realiza de forma paralela á Feira Internacional Semana Verde de Galicia, en Silleda. Deste xeito, a institución provincial continúa o seu traballo en materia de promoción do destino Pontevedra Provincia e disporá dun stand de 35 metros cadrados no que presentará os recursos da provincia enmarcados na campaña ‘Orixe Rías Baixas’, que busca posicionar o destino como o lugar idóneo no que vivir experiencias a través de eventos como festas de interese turístico internacional, ademais de visitar espazos únicos relacionados coa cultura e o patrimonio.