A Coruña abrirá a tempada de praias este xoves con máis de 30 efectivos de vixilancia e salvamento e cinco bandeiras azuis

 

Este xoves 15 de xuño comeza a tempada de praias cun dispositivo de seguridade e salvamento composto por máis de 30 efectivos, entre socorristas, patróns e técnicos de ambulancia. A Coruña contará novamente este verán con cinco bandeiras azuis en Oza, As Lapas, Orzán-Matadero, Riazor e San Amaro, terá unha duración de tres meses e rematará o vindeiro 15 de setembro. O concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, recolleou onte as enseñas.

A maiores, o Concello disporá 200 horas adicionais de servizo, para reforzalo segundo as necesidades. As persoas socorristas estarán distribuídas entre oito enclaves: Riazor, Orzán, Matadoiro (18 socorristas, ademais da persoa coordinadora); praia das Lapas (2); Santo Amaro (3); Oza e a punta de Santa Cristina (6); e a zona de baño no Parrote, que contará con (2) socorristas.