A AGE encumia oito viños co premio Gran Patrimonio Ribeira Sacra


Na VII Cata Concurso Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade, organizada pola asoaciación Galega de Enólogos (AGE), en colaboración co Centro do Viño de Monforte, os viños distinguidos co premio Gran Patrimonio Ribeira Sacra foron A Cova Volta e Peza do Rei, en brancos; Regina Rosae, en rosados; Acivro e Ciudáseis, en tintos; todos eles da anada 2022. 

Ademáis, tamén recibiron este mesmo galardón Casa de Outeiro Escudoi, en viños doutras anadas; e Condado de Sequeiras CS e Casa de Outeiro Histórico na categoría de viños con barrica.

Foron, a súa vez, merecedores do premio Patrimonio Ribeira Sacra (que viría sendo a Medalla de Prata), Casa Moreiras, Maga, Ponte da Boga Albariño e Viña Vella, en brancos; Cruceirop Rosa e Tareixa en rosados; Casa Moreiras, Viña Freira, Estrela e Sabatelius, en tintos; Gímaro Camiño Real e Tolo de Xisto, en viños doutras anadas e Solñio, Viña Peón, Aega Vella 12 e Viña Freira, en barricas.

A esta convocatoria, exclusiva para viños producidos nesta comarca vinícola e amparados polo Consello Regulador, presentáronse 150 marcas de 52 adegas.

Por outra banda, a AGE ven de celebrar o VII Encontro Enolóxino no Retioro do Conde, magnífica instalación hosteleira localizada en Villaza, Albarellos, no concello de Monterrei. que rexenta José Luis Prieto. 

Contou a cita cunha master class e cata a cargo de Rafael Palacios, mentor do viño As Sortes, en Valdeorras, e diversas ponencias ao longo de todo un día que teñen por obxecto dar a coñecer e poñer en práctica as últimas innovacións tecnolóxicas aplicadas á enoloxía da man de profesionais recoñecidos e empresas punteiras do sector.