Xuventude oferta 15 prazas para un curso de iniciación á cocina para a mocidade lucense

 

O Executivo de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, e dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD)), abre o prazo de inscrición para un novo obradoiro gratuíto, neste caso de iniciación á cociña.

A actividade, está dirixida á xuventude de 16 a 25 anos empadroada no Concello de Lugo. Será os sábados 13 e 20 de maio das 9:00 ás 14:00h no Centro de Formación Zertín (Polígono do Ceao, Rúa do Vidro).