Volve a Portonovo a Feira de Artesanía "O feito a man"

A Asociación Galega de Artesáns organizará por segundo ano consecutivo a Feira de Artesanía de Portonovo "O feito a man" tras resultar adxudicataria da autorización administrativa.

Esta proposta, baseada nos produtos de proximidade e de elaboración personalizada con obxectos únicos e de calidade, está pensada para que supoña un reclamo turístico que non leve unha competencia para o comercio local. A feira estenderase do 15 de xullo ao 27 de agosto, e o horario será de 19 horas a 24 horas todos os días da semana. Os xoves, sábado, domingos e festivos abrirán tamén de 12 a 14 horas.