Unha campaña de Torre de Núñez leva o Arde Lvcvs a máis de 5.000 puntos da xeografía española




A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibíu onte a José Manuel Núñez, CEO da empresa Torre de Núñez, que dá un paso máis para dar visibilidade ao Arde Lvcvs coincidindo co recoñecemento como Festa de Interese Turístico Internacional nesta nova edición.

A empresa lucense de elaborados cárnicos promocionará a cita a través da colocación dun adhesivo do Arde Lvcvs nos seus produtos, que están presente en máis de 5.000 puntos da xeografía española. Ademais, os consumidores poderán participar no sorteo de varios premios, entre os que destacan unha viaxe a Roma para dúas persoas así como, varias estancias no hotel, pertencente ao grupo Torre de Núñez, para gozar da festa de recreación histórica.