O Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, e a Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, celebraranse de novo conxuntamente co obxectivo de crear un atractivo espazo de converxencia para o sector do turismo. Será do 8 ao 11 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra).
Estes certames volverán ter lugar de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, para crear sinerxías con este emblemático certame multisectorial, que este ano celebra a súa 45ª edición, e ofrecer así unha atractiva proposta tanto para expositores como para visitantes, os cales superaron os 95.000 o ano pasado.
Turexpo Galicia, que chega á súa 12ª edición, e Festur, que alcanza a 9ª convocatoria, prepáranse para esta nova cita que conxugará unha interesante área expositiva, un programa de actividades especialmente dedicado ás festas de interese turístico e unha importante Bolsa de Contratación Turística.
U