A IXP colaborou un ano máis coa zona comercial do centro da cidade das Burgas, que celebrou o venres a súa Shopping Night. Unha iniciativa que mistura as compras, a música e a gastronomía fóra dos horarios habituais das tendas, que abriron de xeito excepcional ata a medianoite.
Ternera Gallega ofreceu unha degustación de carne de Suprema, acompañada con Pan de Cea, desde as oito da tarde na rúa do Paseo, onde tamén houbo receitarios a disposición dos asistentes. As actividades da Shopping Night estendéronse polas rúas Santo Domingo, La Paz, Plaza Mayor, Lamas Carvajal, Paseo, Cardenal Quiroga, Concordia, Cardenal Quevedo, Valle Inclán e Bedoya, nunha noite de compras e diferentes actividades musicais, literarias e de danza.
Trátase dunha iniciativa do Centro Comercial Aberto Ourense Centro.