Sanxenxo recibe 140.000 euros para a mellora dos sendeiros litorais

O Concello de Sanxenxo realizará unha posta en valor dos sendeiros litorais cun investimento superior aos 160.000 euros que será financiada ao 90% con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dos fondos Next Generation e o 10% con fondos municipais. A través da Concellería de Medio Ambiente presentáronse catro proxectos nas distintas liñas da subvención: Unha guía interactiva turística, a renovación da pasarela da Ruta dos Carballos de Aldariz, a mellora do sendeiro de Major e a renovación dos baños da praia de Foxos.