Salimat amosará medio cento de produtos novidosos en Alinova


O vixésimo sexto Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2023, o cal se celebrará do 8 ao 11 de xuño de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde, contará na súa área Alinova con preto de 80 innovadores produtos alimentarios.

Esta zona dedicada ás novidades será un importante escaparate para os expositores ante o consumidor final e tamén os profesionais do sector. Ademais, as empresas fabricantes mostrarán estes produtos nos seus stands.

Serán cerca de 50 as empresas que exporán produtos exclusivos producidos nas súas instalacións, motos dos cales serán presentados por primeira vez ao mercado en Salimat Abanca 2023.

Estas compañías lanzanas súas novidades baixo as marcas Raíña, Raizame, Los Albacares, El Gallinero, Doce Bágoa, Aove 555 Mini, Green Sublim, Bico de Xeado, Bodegas Castellun Augusti, Celebridade Galega, Celtagal, Chocolates Santocildes, O Agro-CienPorCel, CienPorCel, El Henazar, Mariñeiras, Ingenio Nuestra Señora del Carmen, Finca Las Malezas, La Huerta de Fresno, Toupiña, La Fragua-La Huerta de Fresno, Casa Baltar, Larsa, Leyma Natura, Maruxas de Nata, Fundación Matrix, Monper Chocolate, Nela Gourmet, Oleoalmanzora, Oro Al-Andalus, Pazo Pegullal, Perusiñas, Pintarré, Marmelucas, Puerta de las Villas, Sensolive, Siderit, Sidra Somarroza, Bodega Solotero, Traloagro, Triscos, Tres Fuciños, Safrina, Vallelongo, De Liñarese La Central Heladera.