Rematan os trámites para transferir á Xunta a finca e o Pazo de Lourizán, en Pontevedra

         

O pleno da corporación provincial aprobou por unanimidade de xeito definitivo á transferencia da Finca e do Pazo de Lourizán á Xunta de Galicia. Culmina así un proceso que se iniciou en xullo do pasado 2022 para a cesión á Administración autonómica da propiedade deste espazo, o histórico inmoble e as edificacións que alberga e que a Deputación de Pontevedra tiña adquirido en 1943. O acordo de cesión obriga á Xunta a preservar a integridade e manter a afectación dos inmobles da Finca de Lourizán cos seus fins de servizo público, sen prexuízo de desenvolver neles outras actividades complementarias de finalidade pública, entre elas as turísticas, divulgativas ou recreativas.