O Goberno de España apoia a candidatura de Cíes a Xeoparque da UNESCO

 

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu ao ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, nunha visita institucional á cidade de Vigo. Na xuntanza, Abel Caballero e o mandatario do Goberno de España, abordaron cuestións da candidatura de Illas Cíes para ser Xeoparque da UNESCO, ao que o ministro respondeu co “seu apoio para que a candidatura triunfe porque é merecido e lóxico, co seu potencial e contribución a Vigo e Galicia”.

Ambos os dous intercambiaron opinións sobre a internacionalización da cidade. “Vigo é a cidade da economía, e moita parte ten que ver coa economía internacional como o automóbil, o naval ou a pesca”, manifestou o rexedor. Caballero agradeceu a visita “nun momento tan importante de España nas relacións co exterior”.