O Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra celebrarase do 9 ao 11 de xuño en Taboada

 

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización do Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, que se celebrará do 9 ao 11 de xuño en Taboada. Tres días de actividades que suliñan a  importancia do viño como elemento vertebrador do concello e da comarca, poñendo o foco en aspectos culturais, patrimoniais e de sustentabilidade ambiental.

A área de Cultura colabora coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Taboada (ACIMTA) nesta primeira edición do evento, que busca reforzar a posición do municipio como espazo referencial da Ribeira Sacra cunha proposta diferenciada das festas e feiras do viño que se celebran na contorna.