O Cociñeiro Miguel Mosteiro pechou o programa de showcookings da Deputación da Coruña na Feria de Bilbao

 

O cociñeiro Miguel Mosteiro, de Gastrolab Arousa de Boiro, foi o encargado de poñer o broche final ao programa de showcookins co a Deputación da Coruña participou na Feira de tendencias turísticas "Expovacaciones". Unha serie de demostracións de cociña en directo que se realizaron durante a fin de semana no stand da Deputación na Feira de Bilbao e que, seguindo na liña dos últimos anos, concentrou unha gran cantidade de público interesada pola gastronomía da provincia.

Nesta última xornada de feira, no showcooking da mañá, Miguel Mosteiro elaborou unha croqueta líquida de chocos na súa tinta e panko crocante, e unha tosta de broa con sardiñas de Rianxo, escalibada e maionesa de pementos de Herbón; mentres que para a xornada da tarde, levou unha receita de xurelo braseado con crema de apionabo e allada, e mexillóns con salsa de curry tailandés.