O Castelo de San Felipe, en Ferrol, recibiu a fin de semana da ponte a visita de máis de 1.700 persoas

 

O Castelo de San Felipe recibiu a fin de semana da ponte, co luns 1 de maio festivo, un gran número de visitas, máis de 1.700 persoas segundo os datos rexistrados no acceso á fortaleza. O día de maior concorrencia foi o domingo, 30 de abril, cando se superaron as 950 entradas de turistas que accederon a San Felipe tanto en vehículo como en lancha. Pola súa banda, o luns achegáronse preto de 450, o sábado 270 e o resto acudiu o venres. 


O castelo de San Felipe forma parte dos bens, no apartado de defensas costeiras, que integran a candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial ‘Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración”, unha proposta que conta xa con máis de 7.340 apoios de entidades e particulares a través da páxina https://ferrolpatrimoniomundial.gal/es/adhesiones/