Finalistas dos premios Martín Códax da Música


Os 10º Premios Martín Códax da Música xa ten finalistas, os cales foron dados a coñecer nas instalacións da bodega cambadesa que da nome aos mesmos. Estes premios están organizados por Músicas ao Vivo, co patrocinio e apoio das Bodegas Martín Códax, Concello de Pontevedra, AGADIC-Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.

Na categoría de Blues, Funk e Soul foron seleccionados Udra, Ángeles Dorrío e Apart; na de Folk, Quico Comesaña + Grupo, Xurxo Fernandes e Abril, e na de Músicas do Mundo e Mestizaxe: Catuxa Salom, Ton Risco e Marcos Teira, e Madalena Gamalho. As tres propostas finalistas en Canción de autor/a son Santi Araújo, Su Garrido Pombo e Tomás Porteiro.

Sila Lua, Møu e Boyanka Kostova recibiron o seu agasallo como finalistas da categoría de Músicas Urbanas e, no caso do Orquestras, Grupos e Música de Verbena, os afortunados foron os grupos Burgas Big Band, Orquestra La Oca Band e Grupo Limón.

No apartado de Metal e heavy os finalistas 2023 son Arrhythmia, Youcanthide e Lost Minnow; en Bandas de Música Popular, Banda de Música Cultural de Salceda, Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda de Música “O Landro” de Viveiro. Na categoría de Música Tradicional, chegan á final Pandeireteiras Sen Fronteiros, Paraíso Canto e Ailá. En Música Infantil Pakolas, Pillaband, e Brais das Hortas foron os nomeados na tarde do mércores 10, e en Música Clásica e Contemporánea foi a quenda de Fabio Álvarez, Mario G. Cortizo e Papagena.

Na categoría de Electrónica os tres seleccionados son Carabela, Terrae e Mel; en Jazz e Músicas Improvisadas, recolleron agasallo na festa de finalistas, Lucia Martinez & The Fearless, David Regueiro Trio Ft. Alexandre Cavaliere e Valentín Caamaño. Por último, no apartado de Rock e punk están na final dos galardóns as bandas Moura, Eager Platypus e Wetsocks; en Pop e indie os tres proxectos seleccionados son Banda Aldaolado, Blanco Palamera e Momboi.

A categoría de Artista Emerxente, que se instaurou o pasado ano e que foi concedido a Antía Muíño, ábrese tamén á votación do público xeral a partir do 11 de maio a través da web premiosmartincodaxdamusica.gal. Fillas de Cassandra, Sergio de Miguel e Lontreira son os tres proxectos emerxentes seleccionados neste 2023.

Os Premios Organistrum tamén tiveron en Cambados anuncio de finalistas. Na categoría de Salas, Sala Rebullón (Mos), Aturuxo (Bueu) e Sala Pub Gatos (Melide); na de Festivais, Festival Alternativo Millo Verde (Redondela), Canteira Fest (O Porriño) e Foliada da Fonsagrada. Os proxectos de Difusión Musical que chegan á final dos premios son Cuac FM, O Recanto do Corcovado e Galiciantunes.