Éxito da 32 Festa da Filloa de Muimenta , en Lugo

 

Muimenta celebrou onte a súa Festa da Filloa cun gran éxito de asistencia. A 32 edición da cita gastronómica celebrouse no Recinto Feiral Manuel Vila López.
O evento conta co apoio da Deputación de Lugo, que aporta 7.000 euros para a celebración da Festa de Interese Turístico Galego, un evento que "contribúe de maneira importante a dinamizar a economía local e da comarca, poñendo en valor a nosa tradición gastronómica", subliñou o deputado García Penas.