Chega unha nova edición da Primavera de Portas Abertas na Ruta do viño do Ribeiro 2023

 

A fin de semana do 12 ao 14 de maio chega unha nova edición das Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño do Ribeiro, cheas de actividades e experiencias para disfrutar do enoturismo no Ribeiro.

Incluirá vistas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción.

Tamén restaurantes, onde se poderá escoller entre dous menús concibidos especialmente para esta ocasión.

E tamén un programa especial de actividades: Bus do viño, catas comentadas, visitas a museos, roteiros monumentais, sendeirismo polo Camiño do Viño, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.