Caballero felicita a Binter no quinto aniversario da conexión entre Canarias e Vigo

 



“É unha enorme satisfacción atoparme con tantos cidadáns canarios en nosas cales grazas á ponte aérea que Binter realiza entre Vigo e Tenerife e Gran Canaria”, afirmou Caballero, á vez que lembrou o irmandamento da cidade olívica coas Palmas, que “fai que a conexión entre nós sexa máis especial”.

O rexedor destacou que Binter voa a Vigo sen ningún tipo de axuda económica por parte do Concello e con “magníficos avións”. “Está demostrado que cando hai tirón non é necesario poñer axudas, pero noutros casos vémonos obrigados a facelo porque a Xunta apoia os voos desde Santiago e temos que entrar nesa competencia”, afirmou.