Conta atrás para a IV Festa do Banquete de Conxo

 

A IV Festa do Banquete de Conxo celebrarase este ano o venres 12, sábado 13 e domingo 14 de maio na carballeira do Banquete de Conxo e na praza Aurelio Aguirre. Consulta nesta páxina toda a información.

O día grande da festa, o domingo 14 de maio, arrancará co desfile "Alá van estudantes e artesáns" que partirá da praza do Toural e percorrerá as rúas de Compostela baixo a coordinación artística dos Quinquilláns, ata chegar á praza de Conxo, onde Xosé Lois Mouriño Couto e Lucía Perez Lemos se encargarán da lectura do pregón. A continuación a comitiva dirixirase á carbarlleira de Conxo no que se fará unha representación teatral do Banquete de Conxo para dar paso ao tradicional xantar e romaría popular cos brindes de veciños e veciñas.