Bande prepárase para celebrar unha nova edición da Festa do Peixe

 

Bande acollerá o 2, 3 e 4 de xuño a LII Festa do Peixe, celebración de Interese Turístico de Galicia que conta co apoio da Deputación de Ourense.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, presentaron no Pazo Provincial unha festa que ten a súa orixe nun campionato de pesca e que na actualidade contribúe á promoción da riqueza piscícola dos seus ríos, da gastronomía local, do patrimonio histórico e das súas augas termais.