Asinan un convenio para promover a ruta da sidra de Tabeirós-Terra de Montes como atractivo turístico

 





A  Deputación de Pontevedra e a Asociación Maceira e Sidra da Estrada acaban de asinar un convenio de colaboración polo que a institución provincial achegará 15.000 € a este colectivo para a realización de actividades referentes á promoción como atractivo turístico da Ruta da Sidra da Estrada, localidade que sitúa a comarca de Tabeirós-Terra de Montes como referente en todo o noroeste peninsular no campo da produción ecolóxica de mazás e produtos elaborados con esta materia prima. As accións enmarcadas no acordo permitirán posicionar a comarca como referente neste tipo de turismo e, ademais, coñecer de primeira man outras entidades similares para aprender das súas experiencias e aplicar o coñecemento adquirido na mellora da Ruta da Sidra da Estrada.

O convenio inclúe unha liña de promoción en liña da Ruta da Sidra. Deste xeito, a Deputación de Pontevedra colaborará na difusión das actividades da ruta no sitio web www.rutadasidraaestrada.es e nas súas redes sociais, así como difusión en prensa, radio e televisión.