As industrias cárnicas apostan pola sostibilidade nos seus envases

 

 


A Asociación Nacional de Industrias da Carne, Anice, destaca a súa aposta decidida pola sostibilidade dos envases co obxectivo de contribuír á protección do medio ambiente. Nos últimos dez anos, segundo os últimos datos facilitados por Ecoembes, as industrias cárnicas españolas implantaron máis de 2.000 medidas de “ecodeseño” dos seus envases, supoñendo un aforro de máis de 18 millóns de quilos de materias primas.

Anice asegura que os esforzos das industrias para mitigar o seu impacto medioambiental permitiron reducir un 9,6 % o material empregado para preservar os alimentos nun contexto complicado, sinala a Asociación, pola entrada en vigor do imposto sobre envases de plástico.

Segundo Anice, o ano pasado, o 73 % das empresas indicou que estaban incorporando medidas de eficiencia enerxética e un 69 %, que optaban pola enerxía renovable.

Tamén traballan en proxectos de xestión da auga, na valorización dos subprodutos e residuos de distinta natureza e na posta en marcha de estratexias para substituír  materiais de orixe fósil por outros coma bioplásticos reciclables e biodegradables.