A romaría Raigame sitúa a Vilanova dos Infantes como o centro etnográfico de Galicia

 

A romaría etnográfica Raigame volve, un ano máis, a Vilanova dos Infantes o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, con todas as súas habituais actividades lúdicas e culturais, dedicando a súa XX edición á figura dos oficios dos canteiros -cando se cumpren 100 anos da declaración de monumento nacional da Capela de San Miguel- e coa entrega do premio "Adolfo Enríquez" ao escultor Xosé Cid.

O programa da romaría foi presentado onte coa presencia do deputado de Cooperación, Pablo Pérez; o alcalde de Celanova, Antonio Puga; o director da revista "Raigame", Xulio Fernández; e Xavier Álvarez, membro do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e secretario da revista "Raigame".