A Ribeira Sacra e a Mariña reciben esta semana a visita de 170 persoas dende o programa Coñece a túa provincia

 

Un total de 170 persoas de 8 asociacións participarán ao longo desta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo, grazas ao que visitarán o patrimonio natural e cultural das comarcas da Ribeira Sacra e A Mariña. A iniciativa, que vai pola súa terceira edición, está destinada a colectivos sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade.