A praza de Baiona énchese de sabores das avoas con "Degusta Europa"

 

A Praza de Abastos Ángel Bedriñana de Baiona foi onte escenario dunha nova cita do programa da Deputación “Degusta Europa”. O deputado Santos Héctor e a deputada Iria Lamas, xunto co alcalde de Baiona, Carlos Gómez, acompañaron á veciñanza da vila e ás persoas traballadoras do mercado para desfrutar das preto de 1.000 tapas elaboradas polo alumnado do CIFP Manuel Antonio con produtos de quilómetro cero. Tosta de lacón con grelos, chopo de caldo galego e aire de chourizo, tosta de San Xoán, tacos de segredo de porco, t0rtaleta de queixo e marmelo, melindres e enreixado de cabelo de anxo foron as degustacións que compuxeron o menú que o alumnado do centro vigués de formación profesional deseñou para  a ocasión.